Noticias
21 de decembro de 2017
Despedida con arrecendo irmandiño

O Pescados Rubén Burela FS pechará 2017 mañá con arrecendo irmandiño, coa 13ª xornada de Primeira RFEF, na pista do Ourense Envialia (Os Remedios, 21.00 horas). “Será un partido duro, moi importante, co aliciente de derbi; sempre dá gusto xogar este tipo de encontros” explicaba a meta Ana Romero en vésperas da cita.


Desde a terceira praza (28 puntos), as mariñás queren despedir o ano recobrando a súa esencia despois do traspé na pista do Leganés (6-1), ante un equipo que ocupa a sétima praza (20 puntos), con senllos triunfos nas dúas últimas xornada (4-1 con Leganés e 1-2 con Esplugues) : “Se nos quedamos pensando no resultado da semana pasada non avanzamos. O único que temos que facer é aprender diso e mirar para diante como fixemos sempre. Queremos gozar do partido que nos queda para irnos cun bo sabor de boca e recuperar as sensacións que o equipo sabe que pode ter” advertía a 13 laranxa, sendo moi consciente de que o Ourense non lles vai a poñer as cousas doadas: “É un rival forte, que presiona moi ben; tivo baixas nos primeiros partidos pero sabemos que mañá será moi difícil, cun rival que quererá medrar máis, motivado por xogar na casa e ante o Burela FS” adiantaba Ana Romero.



Benvida de 2018


As pupilas de Julio Delgado e Lucas estrearán o ano coa 13ª xornada nunha tarde 100% laranxa en Vista Alegre. Ás 16.30 horas as mariñás recibirán o Guadalcacín e ás 19.00 tocaralle a quenda ao equipo burelista de Segunda LNFS, coa visita do Valdepeñas. “Para 2018, só pido que siga como ata agora, superándonos, e así estou segura que todo irá vento en popa”, concluía Ana Romero.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores