Noticias
2 de xaneiro de 2018
Mércores 3, regreso ao traballo

O equipo de Juanma Marrube regresará mañá ao traballo, ás 20.00 horas, no complexo deportivo da Marosa. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, reuniuse co corpo técnico-médico para falar dalgúns detalles de cara ao comezo da segunda volta tras as vacacións de Nadal


Xunto a Juanma Marrube traballa o preparador físico Alfonso Mera e o fisioterapeuta Arturo Martín, co apoio da clínica L2 Fisioterapia, dirixida por Juan Eiroa e Matilde González. Completan o corpo médico, o doutor Francisco Javier Fernández Couce, o podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina Pérez Rodil, dende a súa clínica Come&Sana. Os directivos Antonio Ródenas e Luis A. Guillén cumpren coas tarefas de delegado e auxiliar, coa axuda de Cándido Eijo. Os técnicos de base Míchel Couceiro e Simón Martínez encárganse da preparación específica de portería.


O conxunto de Julio Delgado e Lucas tamén retomará mañá os adestramentos, ás 17.30 horas, en Vista Alegre.


Sábado 13, Tarde Laranxa


As ligas de elite estrearán 2018 con Tarde Laranxa en Vista Alegre, o sábado 13, coa visita de Gualdacacín, na xornada 14 de Primeira RFEF, e do Valdepeñas, na 16 de Segunda LNFS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores