Noticias
10 de xaneiro de 2018
Pitero, Luismi e Nito disputarán esta semana a fase previa do Nacional con Galicia Sub-19
FONTE: www.futgal.com
Chegou a semana decisiva para o noso equipo sub-19 masculino de fútbol sala. O seleccionador Mon Barreiro e os seus xogadores saen este xoves rumbo a Cuenca para disputar a fase previa do Campionato de España da categoría.

Alí, Galicia medirase ás seleccións de Ceuta, Castela-A Mancha e Canarias co obxectivo de acadar o primeiro posto do Grupo D e con el o billete para a fase final do torneo, que se xogará a mediados de abril.

Os horarios dos seis encontros do grupo son os seguintes:

CTO. DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTÓNOMICAS DE FÚTBOL SALA SUB-19 MASCULINO
FASE PREVIA | GRUPO D | CUENCA, 12-14 XANEIRO 2018

VENRES 12 17:30 CEUTA - GALICIA EL SARGAL
VENRES 12 19:30 CASTELA A MANCHA - CANARIAS EL SARGAL
SÁBADO 13 17:30 CEUTA - CANARIAS EL SARGAL
SÁBADO 13 19:30 CASTELA A MANCHA - GALICIA EL SARGAL
DOMINGO 14 11:00 CANARIAS - GALICIA SAMUEL FERRER
DOMINGO 14 11:00 CASTELA A MANCHA - CEUTA EL SARGAL


Para loitar pola clasificación, Barreiro e o seu axudante, David Rial, convocaron a doce xogadores procedentes de sete equipos diferentes: Burela Pescados Rubén (3), Santiago Futsal (3), A.D.C. Lugo Sala (2), O Parrulo F.S., Troula Betanzos, Prone Lugo e E.D. Vigo 2015.

Estes son os compoñentes da expedición galega que viaxará a Cuenca a polo pase á fase final:

SELECCIÓN GALEGA SUB-19 MASCULINA FÚTBOL SALA
CONVOCATORIA FASE PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA 17-18

1 LUIS MIGUEL NIETO FRAGA BURELA PESCADOS RUBÉN
13 LUIS VILA LOUZAO A.D.C. LUGO SALA
2 CLEY NOGUEIRA RÁBADE A.D.C. LUGO SALA
3 BRIAN NIEBLA MÉNDEZ SANTIAGO FUTSAL
5 JUAN CAÍNZOS CASTIÑEIRA O PARRULO F.S.
6 CHRISTIAN RIVAS GARCÍA BURELA PESCADOS RUBÉN
7 ALEJANDRO MONTERO BASTEIRO TROULA BETANZOS
8 ADRIÁN RODRÍGUEZ MOSTEIRÍN PRONE LUGO
9 ALBERTO MIRAS NEIRA SANTIAGO FUTSAL
10 MIGUEL SALGADO PÉREZ SANTIAGO FUTSAL
11 PABLO GARCÍA LAGO E.D. VIGO 2015
4 NÉSTOR VALLE GÓMEZ BURELA PESCADOS RUBÉN
CORPO TÉCNICO
SELECCIONADOR RAMÓN BARREIRO POSE
AXUDANTE SELECCIONADOR DAVID RIAL BELLO
DELEGADO JAVIER VÁZQUEZ TRIGO
FISIOTERAPEUTA ÁLVARO QUINTANA BROCHE
AUXILIAR-SCOUTING MIGUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ




Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores