Noticias
16 de xaneiro de 2018
O Pescados Rubén reuniuse cos Concellos anfitrións do Nacional Sub-17 Feminino
O vicepresidente do Pescados Rubén Burela FS, José Luis Sáez, participou onte pola tarde nunha xuntanza convocada polo concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández, xunto aos edís de Viveiro, Emilio Villarmea, e Foz, Ángel Paleo, para abordar a loxística do Campionato Nacional de Seleccións Sub-17 Feminino, que albergará a bisbarra da Mariña a comezos do mes de febreiro.

Burela, Viveiro e Foz acollerán a cita entre o 7 e o 11 de febreiro, baixo a organización da Real Federación Española de Fútbol e da RFGF. Na devandita reunión, os concelleiros deixaron patente a súa colaboración e predisposición para recibir as 13 seleccións que pelexarán polo título de campioa de España.

Xunto ao combinado irmandiño, co que se está preparando a xogadora burelista Sofía Vázquez, formarán parte do Grupo D Rexión de Murcia e Aragón. O A estará composto por Navarra, Castela-A Mancha, Ceuta e Estremadura; no B, pelexarán A Rioxa Cataluña e Andalucía; e no C, Cantabria, Madrid e Canarias.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores