Noticias
22 de xaneiro de 2018
Xa están dispoñibles os abonos de media tempada

O Pescados Rubén Burela FS xa ten á disposición de tod@s @s interesad@s os abonos de media tempada. Con 50% de desconto, poderás gozar de toda a segunda volta de Primeira RFEF e de Segunda LNFS en Vista Alegre.


Ademais terás as mesmas vantaxes que os abonados de comezo de tempada, cun 10% de desconto no Servizo de Wellness do Thalasso Resort Las Sirenas de Viveiro.


Tarifas Media Tempada 2017-18:


Individual: 40 euros
Familiar: 70 euros
Xubilado: 25 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 13 euros


Podes formalizar o teu carné na nova sede do club laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta 10). Horario de atención ao público: De luns a xoves, 10.00-14.00 //16.00-19.00 Venres: 10.00-14.00 horas


Non socios. En Segunda LNFS, para as persoas que non dispoñen do abono 2017-18, a entrada custa 10 euros/adulto, e en Primeira RFEF, o prezo é de 5 euros/adulto. Os menores de idade entrarán de forma gratuíta en ambas as competicións.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores