Noticias
25 de xaneiro de 2018
Nove promesas burelistas coa Selección da Mariña este domingo

Un total de nove promesas burelistas defenderán este domingo o combinado da Mariña no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo, con sede en Mondoñedo para a categoría Infantil e Sarria para a Alevín.


Cinco xogadores/as do Pescados Rubén Burela FS estarán coa Mariña Infantil: Kemer Monteiro, Fernando Yanes, Isaías Fidalgo, Fode Sar e Pedro Sobrado. Baixo as ordes do técnico tamén laranxa Mario Pillado e do de ACD Xove Carlos Gonçalves, o conxunto xogará pola tarde no municipal mindoniense fronte á Terra Chá, Sur-Montaña e Lugo Centro; A Mariña estrearase coa Terra Chá ás 17.30 horas.



16.30 horas: Sur/Montaña-Lugo Centro


17.30 horas: A Mariña-A Terra Chá


18.45 horas: 3º e 4º posto


19.45 horas: FINAL


 


Antes, pola mañá tocaralle a quenda á sede de Sarria, con catro burelistas nas filas da Mariña Alevín: Rafa Cancelos, Iago López, Esther Riveira e David Gomes. O combinado de Andrés López -Escola Celeiro-Xove- e de Michael Sante -ED Lourenzá- medirase á Terra Chá, Sur-Montaña e Lugo Centro no pavillón municipal José Mario González (O Chanto). O primeiro duelo dos mariñáns será ás 11.00 horas, coa Terra Chá.


 


10.00 horas: Sur/Montaña-Lugo Centro


11.00 horas: A Mariña-A Terra Chá


12.15 horas: 3º e 4º posto


13.15 horas: FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores