Noticias
29 de xaneiro de 2018
Judith capitanea o billete de Galicia Sub-21 para a fase final

A burelista Judith Pedreira capitaneou esta fin de semana en Redondela o billete clasificatorio para a fase final de Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-21. O combinado dirixido por Pilar  Costa impúxose á Comunidade Valenciana (4-0) e Navarra (5-0) coa xogadora laranxa lucindo a braceira de capitá dende o cinco inicial nas dúas citas e con gol na final.



Cataluña, na semifinal


O conxunto irmandiño, campión do Grupo C, verase as caras na semifinal con Cataluña, prevista para o 24-25 de febreiro, con sede aínda por determinar. O outro duelo será entre Andalucía e a Rexión de Murcia. 


O conxunto catalán conseguiu a súa clasificación tras proclamarse campión do Grupo A, no que tamén estaban encadradas Castela e León, A Rioxa e Cantabria. As andaluzas impuxéronse no B a Aragón e Castela-A Mancha, mentres que Murcia fixo o propio no D fronte a Madrid e o País Vasco.


GALICIA 5-0 NAVARRA


Galicia: Sandra, Nerea, Carolina Agulla, Judith Pedreira, Antía Pérez -cinco inicial- Clara, Inés, Mónica Rodal, María Gómez, María González, Rebeca Nazareth e Tamara.
Navarra: Irati, Anastasilla, Irune, Yarima, Goretti -cinco inicial- Carmen Ochoa, Lidia Rodríguez, Lucía, Uxúe, Lidia Zueco, Itziar e Geda.


Goles: 1-0 Clara (min. 5), 2-0 Antía Pérez (min. 21), 3-0 Antía Pérez (min. 29), 4-0 Clara (min. 31), 5-0 Judith (min. 38).
Árbitros: Álvaro Cid Bragado e Carlos Martínez Torres (Comité Galego).



GALICIA 4-0 COMUNIDADE VALENCIANA



Galicia: Sandra, Nerea, Carolina Agulla, Judith Pedreira, Antía Pérez -cinco inicial- Clara, Inés, Mónica Rodal, María Gómez, Rebeca Nazareth e Tamara.
Comunidade Valenciana: Elena, Marta Cruz, Judith, Idoia, María Redondo -cinco inicial- María María Sánchez, Noemi, Laura García, Teresa e María Teresa.
Goles: 1-0 Antía Pérez (min. 3), 2-0 María González (min. 18), 3-0 María González (min. 20), 4-0 Carolina Agulla (min. 32). 
Árbitros: Héctor Vilas López e Roberto Amor Vizoso (Comité Galego).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores