Noticias
4 de febreiro de 2018
Juanma Marrube: 'Sacamos os tres puntos nunha cancha moi difícil'
O técnico de Pescados Rubén Burela analizou a vitoria do seu equipo por 0-2 na pista de Bisontes Castellón. Juanma Marrube felicitou os seus xogadores polo traballo que realizaron sobre o 40x20 e recoñeceu os méritos dun rival ao que non fixeron afincar o xeonllo definitivamente ata o minuto 37.
"Sacamos os tres puntos nunha cancha moi difícil, ante un equipo como Bisontes Castellón que sabe moi ben ao que xoga. É un equipo que me gusta moito porque lle gusta ter a pelota e atacar", dixo Marrube a modo de análise.

O preparador galego mostrouse moi satisfeito co traballo dos seus xogadores: "Xestionamos ben os tempos e o 5 para 4 que sacamos, que nos deu tranquilidade e confianza e nese momento do encontro fomos intelixentes e chegou o segundo gol", asegurou.

Finalmente fixo un breve repaso ao que lles queda de aquí a final de tempada: "Quedan 33 puntos e iso en Fútbol Sala é moitísimo. Os equipos de media táboa enganchan tres partidos con vitoria e están na zona alta. Seguiremos pelexando para ter a regularidad que nos manteña na parte alta", concluíu.

FONTE: www.lnfs.es
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores