Noticias
4 de febreiro de 2018
O Burela FS se achégase ao líder en Primeira e gaña un posto en Segunda
Os dous equipos do Pescados Rubén-Burela volveron á casa cun sorriso de orella a orella. O conxunto feminino, por unha vitoria na cancha do Majadahonda que lle permitiu volver situarse a só tres puntos do líder Atlético de Madrid, sorprendido polo Poio Pescamar (2-3), mentres que o plantel masculino atopou unha valioso triunfo na pista do Bisontes Castellón que o empuxa na clasificación antes de disputar o segundo e último derbi lucense da tempada ante o Prone Lugo. Os pupilos de Juanma Marrube ruben ata o quinto posto e están a só dous puntos do ascenso directo a Primeira -o Pozo B, líder, non conta para o ascenso pola súa condición de filial-.

A escuadra feminina acabou gañando no pavillón de La Granadilla un partido que tiña ben encarrilado no descanso cos tantos de Cilene e Dany. Un tanto en propia meta e outro de Dany deixaron o partido resolto, e o Majadahonda maquillaría o resultado cos dous conxuntos apostando pola porteira-xogadora.

FONTE: La Voz de Galicia
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores