Noticias
10 de febreiro de 2018
Máis de tres puntos
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu cos tres puntos no derbi galego disputado esta tarde en Vista Alegre fronte a Prone Lugo (3-0) cunha xornada na que os resultados da zona alta empoleiran os de Juanma Marrube á segunda praza, empatados a 39 puntos con ElPozo.

Os laranxas tiveron que estrelarse unha e outra vez contra un rival que expuxo pouco con pelota e moito con defensa en media cancha, un encontro ao que os mariñáns non están afeitos. Ao monólogo burelista resistíuselle o luminoso ata o minuto 9 con diana de Colacha asistido por Luisma; antes intentárono Renato (minuto 5) e o propio Luisma (minuto 8). Un Prone envorcado na defensa protagonizou a súa primeira chegada con perigo no 16. No 18, Edu non tatexou ante Javaloy.

Non experimentou modificacións o guión inicial tras o descanso, con continuas chegadas dos da Mariña, aínda que sen a máis que merecida recompensa. Antes de cumprirse o minuto 35, Óscar Iglesias liderou o xogo de cinco para os de Lugo. Víctor, no 37, subiu o 2-0 en lanzamento directo de falta, co Chus no banco preparado como porteiro xogador. Contivo a iniciativa pronista Edu nos seguintes compases con apoio de Héctor en última instancia. Volveu poñer en pé á afección Víctor, en contragolpe, que cazou in extremis Óscar repregando. No 38, Edu salvou ante Porto a última posibilidade que tiña o visitante de meterse no partido. Entrando no último minuto, Renato selou o 3-0, o gol da tranquilidade para os de Juanma Marrube.



Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Renato, Pope, cinco inicial; tambié xogaron Víctor, Luisma, Héctor, Colacha

Prone Lugo: Óscar Iglesias, Castilla, Porto, Manuel V., Adrián, cinco incial; tamén xogaron Crivi, Javaloy, Pablo, Samuel, Nazareno, Luis Carlos

Goles: 1-0, minuto 9, Colacha; 2-0, minuto 37, Víctor; 3-0, minuto 39, Renato

Árbitros: Menéndez Nistal // Vilas López (Galicia). Por Burela amarela a Chus (minuto 17), Renato (minuto 18). Por Prone amarela a Crivi (minuto 17), Javaloy (minuto 25), Manuel V. (minuto 37).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Segunda LNFS, cuns 700 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores