Noticias
16 de febreiro de 2018
Semana sen liga, semana de Seleccións

A liga de Primeira RFEF volverá descansar a vindeira semana, coincidindo coa fase final do Campionato de España de Seleccións Sub-21 que se disputará en Cataluña (24 e 25 de febreiro).


Galicia pelexará polo título tras conseguir a clasificación en Redondela a finais de xaneiro, coa laranxa Judith como capitá. O municipal de Salou acollerá a cita; o sábado 24 pola mañá disputaranse as dúas semifinais: Andalucía-Murcia (10:00) e Cataluña-Galicia (12:00), mentres que a final se xogará o domingo 25 (11:00).



A 15 mariñá está participando na preparación para a gran final, a expensas da convocatoria definitiva, pero non será a única xogadora do Pescados Rubén Burela FS con compromisos de selección durante estes días. Julia Forsiuk tamén foi convocada para unha concentración de cinco días con Ucraína, entre o luns 19 e o venres 23, en Portugal, con dous amigables na  súa axenda.



Regreso ao grande


As pupilas de Julio Delgado e Lucas regresarán á competición o sábado 3, co gran reto da segunda volta, a visita a Vista Alegre do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (18.30 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores