Noticias
19 de febreiro de 2018
O fútbol sala laranxa entra nas aulas de Castro de Rei e Burela
A semana comezou de forma diferente para o Pescados Rubén Burela FS con visitas ao CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei e ao IES Monte Castelo de Burela.

Edu, Hélder e Sara Correia, xunto ao monitor de base Simón Martínez, estrearon as visitas de 'Coñece o Meu Club' compartindo a súa maior paixón esta mañá cos máis de 80 alumnos/as de entre 3 e 12 anos, acompañados polo seu mestre de Educación Física, o burelao Jairo Campo. O estudantado de Actividades Físicas e Deportivas do instituto Monte Castelo tamén profundou un pouquiño máis nos detalles deste deporte, cunha sesión práctica dirixida polo adestrador burelista de Segunda LNFS, Juanma Marrube, e o preparador físico, Alfonso Mera.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores