Noticias
22 de febreiro de 2018
A Bomboneira fronte ao potencial ofensivo de Rivas

A Bomboneira e o Pescados Rubén Burela FS poñeranse a proba este sábado (Vista Alegre, 18.30 horas) fronte ao potencial ofensivo de Rivas Futsal. O segundo máximo goleador de Segunda LNFS chegará á Mariña na sétima praza (39 puntos) buscando rubir en zona de play off, con 4 puntos de desvantaxe coa segunda praza dos de Juanma, empatados con Barcelona e ElPozo.


Os laranxas queren recuperar a excelente dinámica de 2018.”Estabamos nunha boa etapa que nos afianzou na zona alta. O pinchazo en Barcelona afástanos un pouco de Valdepeñas, 5 puntos, pero agora temos un partido cun rival directo e temos que quedar con eses tres puntos para tomar vantaxe con respecto aos outros candidatos ao play off” advertía Sergi Orgilles, Pope, que abriu o marcador na vitoria da primeira volta (2-3).


“Vai ser un partido moi difícil, que se vai a decidir por detalles. Teñen un gran potencial ofensivo. Na ida gañamos pero recórdoo como un dos partidos nos que máis sufrimos” botaba así a vista atrás o 14 burelista. “Temos que presentar un partido moi ordenado para facer dano na seu defensa, con grandes desaxustes cando aparecen as présas. Non podemos entrar en correcalles porque iso beneficiaríaos” explicaba Pope, incidindo no perigo dun rival que “vén de perder na casa -con Manzanares, 1-3-, pero os seus números a domicilio son mellores”. Fóra do seu feudo, o Rivas só perdeu con Barcelona (4-1, xornada 1), ElPozo (6-2, xornada 12) e Bisontes (5-3, xornada 14), á parte do empate con Antequera (6-6, xornada 4).



“Debemos saír a por todas, sendo moi conscientes de que calquera rival pode facer dano, pero tamén convencidos para recuperar os sinais de identidade que levaron ata onde estamos” puntualizaba Pope.


A escuadra de Juanma Marrube realizará a última sesión da semana mañá, venres, en Vista Alegre (10.45 horas).



Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 17. Nito, 19. Luismi, 20. Héctor

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores