Noticias
23 de febreiro de 2018
Nito, reclamado por España Sub-19
O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Néstor Valle Gómez, Nito, foi reclamado pola Selección Española Sub-19. O ala laranxa formará parte da concentación que terá lugar en Piestany (Eslovaquia) entre o 4 e o 8 de marzo.

Antes de pór rumbo á convocatoria vermella Nito, asiduo na dinámica de traballo do equipo de Segunda LNFS, tamén adestrará co combinado irmandiño na súa preparación para a fase final do Nacional. Será o luns 26, en Ordes, xunto aos tamén laranxas Luismi e Domingos.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores