Noticias
19 de abril de 2018
Xogas con nós a última xornada de liga?

Todos os afeccionados/as que queiran asistir ao peche da liga regular de Segunda LNFS, co derbi irmandiño na pista do Noia Portus Apostoli, o sábado 28 de abril, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.


O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por tan só 10 euros; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as.


As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta).


 


Horarios:


Saída: Sábado 28 de abril, Vista Alegre (cafetería), ás 14.30 horas


Destino: Pavillón Municipal de Noia


Partido: Noia Portus Apostoli-Pescados Rubén Burela FS (18.00 horas)


Regreso: Ao remate do encontro


 


Data límite para apuntarse: Xoves 26 de abril, 17.00 horas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores