Noticias
25 de abril de 2018
Vista Alegre decide este domingo o título de Liga de División de Honra Xuvenil
Vista Alegre poderá ser testemuña dun novo título para a Familia Laranxa. O xuvenil, de Christian Fustes, defenderá a primeira praza na última xornada de Liga de División de Honra este domingo, coa visita do Noia (sétimo), ás 12.00 horas.

A vitoria dos laranxas da semana pasada con Lugo Sala (2-5) e a derrota do Santiago Futsal fronte ao Troula (4-1) catapultaron os mariñáns ao liderado con 63 puntos con opción de validar o título de campión de liga, con vantaxe actual de 1 sobre Troula, Vigo e Santiago.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores