Noticias
25 de abril de 2018
Cádiz, sede da XXIV Copa de España (8-10 de xuño)

A vixésimo cuarta edición da Copa de España de Fútbol Sala Feminino disputarase en Cádiz do 8 ao 10 de xuño. A Real Federación Española de Fútbol concedeu ao club gaditano, pechacancelas de Primeira División (con 2 puntos), a organización do torneo e o dereito a participar como invitado xunto aos clubs que ocupen as sete primeiras posicións ao termo do campionato ligueiro.


Ademais do equipo anfitrión, o PEscados Rubén-Burela, o Atlético de Madrid, o Universidad de Alicante, o Roldán e o Alcorcón xa teñen o billete no seu poder, mentres que os dous postos que quedan por decidir xogaranos varios equipos nas cinco últimas xornadas de Liga. O Ourense teno practicamente feito, e Poio, Gironella, Móstoles e Leganés son os candidatos á sétima e última praza.


 


Fonte: La Voz de Galicia

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores