Noticias
28 de abril de 2018
Roldán 4-1 Pescados Rubén
A fortuna non estivo hoxe ao lado do Pescados Rubén Burela FS, que cedeu os tres puntos na pista do Jimbee Roldán (4-1) nun encontro moi disputado e igualado con máis efectividade ofensiva das locais.

O que podería ser o 0-1 para o Pescados Rubén transformouse en 2-0 en contra, na recta final dunha primeira parte moi igualada, con poucas ocasións e excelentes intervencións baixo paus de ambas as gardametas. No minuto 18, o pau evitou o gol laranxa nun gran contragolpe de Dany, que aproveitou o Roldán e sentenciou Mirian. Segundos despois, coa resposta de xogo de cinco para as galegas, Mirian subiu o segundo das locais en rexeitamento do pau tras ocasión a porta baleira. A 17 segundos segundos para o descanso Bea Mateos, como porteira xogadora, reduciu distancias, de rexeitamento.

Regresaron á pista as de Julio Delgado e Lucas moi enchufadas. Jozi, no 26, estivo moi acertada ante Consuelo. Jenny, cun potente disparo, Tai, moi alta, e Dany, á escuadra, avalaron o máis que merecido empate para Burela, antes do ecuador da segunda parte. No minuto 31, a igualada volveu resistirse nun penalti sobre Cilene con lanzamento de Cami, que desartellou Etayo coa perna. O xogo de cinco volveu saltar á pista para as mariñás, no 34, que pouco despois se cargaron coas cinco faltas. Pero a fortuna hoxe non estaba do lado dos intereses do Burela; Mayte Mateo ampliou distancias no 37, a porta baleira, tras unha posible falta sobre Cilene. A 30 segundos do final Vanessa anotou o definitivo 4-1 nun roubo iniciado en pista laranxa.


Ficha técnica

Jimbee Roldán FSF: Etayo, Vanessa, Mayte Mateo, Alba, Consuelo, cinco inicial; tamén xogaron Mirian, Ángela, Clara, Inma Sojo, Bet Carrasco

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Cami, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Jenny, Tai, Julia Forsiuk

Goles: 1-0, minuto 18, Mirian; 2-0, minuto 19, Mirian; 2-1, minuto 20, Bea Mateos; 3-1, minuto 37, Mayte Mateo; 4-1, minuto 40, Vanessa.

Árbitros: Martínez Flores // Navarro Liza (Murcia). Por Roldán amarela para Etayo, Mayte Mateo, Vanessa. Por Burela amarela para Dany, Lara

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Primeira RFEF disputado no pavillón Gabriel Pérez.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores