Noticias
10 de maio de 2018
En clave feminina
Tras o descanso de liga en Primeira División, o Pescados Rubén Burela FS compatibilizou esta semana a preparación da xornada 27 fronte ao Leganés Masdeporte (sábado 12 de maio, Vista Alegre, 18.30 horas) con actividades de visibilización da muller no deporte e no mundo empresarial, na cidade de Lugo.

Lara Balseiro representou a entidade laranxa o martes no foro de debate Deporte en Feminino, de El Progreso, xunto á triatleta internacional Cristina Azanza, a adestradora e presidenta do EMEVE, Bibi Bouza, a ex-presidenta do Ensino, Teté Latas, e a adestradora do CB Sarria, Maisa López.

Jozi, Dany e Julia Forsiuk pecharon hoxe a súa participación nos obradoiros 'Atopa a túa ruta' da Xira Mulleres de Coca-Cola dirixida a mulleres emprendedoras de entre 23 e 60 anos.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores