Noticias
11 de maio de 2018
Vista Alegre está preparado para as dúas batallas. Sen tregua
E se apuntamos ao Sol?
O partido inaugural da primeira eliminatoria de play off non regresa nas arcas dos galegos esta noite, así que Vista Alegre xa está preparado para as dúas batallas, sen tregua. O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu a domicilio fronte ao Real Betis Futsal cun rifadísimo 2-1. A Bomboneira acollerá o segundo encontro o vindeiro venres, 18 de maio, ás 21.00, con Festa Laranxa desde as 19.00 horas. A terceira cita será o domingo, 20, a partir das 18.00 horas.

O primeiro susto dérono os galegos, nas zapatillas de Chus, xa en 4, freado por un providencial Raúl Jiménez. Tras o gol de Eric Pérez, no minuto 8 coa pizarra de Daniel Ibañes, os béticos quixeron dar un paso adiante topándose unha e outra vez coa férrea defensa mariñá. Edu, espectacular, evitou o segundo nun mísil de Rubén Cornejo no 12; antes Héctor desartellara a rápida transición de Chano. Os burelistas conseguiron conter as intencións locais avalados pola súa solidez nunha primeira para cun intenso ritmo. Pope tivo o empate no minuto 17 logo de superar a Raúl Gómez, pero fóiselle moi alta. Hélder tamén o intentou no 19, ante o pé de Raúl Jiménez. Nos últimos compases, Chus tocou o xusto e preciso para bloquear o remate de Eric Pérez.


Ao minuto do reinicio Pope puxo o ansiado empate tras saque de banda de Renato. Pouco despois, Chus, de novo desde balón parado do 12 burelista volveu poñer en apertos ás filas locais. A maxia de Edu fixo acto de presenza no 26 ante a falta de Migo. Tras unha excelente ocasión de Héctor e Hélder, o meta naronés mantívose impasible só ante Aarón (minuto 28), logo de deixar no chan a Víctor. Intentouno Raúl Jiménez nun pase longo a Raúl Gómez, pero aí estaba de novo o porteiro laranxa (minuto 32). Con todo nada puido facer o laranxa ante o recorte de Rubén Cornejo no 34, asistido por Miguel; antes tivéraa Chus en contra. Pope estivo a piques de ver de novo a rede bética tan só dous minutos despois volver recuperar a igualada, ante a boa parada de Raúl Jiménez. Con tres minutos aínda por diante, o Pescados Rubén apostou por xogo de cinco con Renato sen recompensa.

Ficha técnica

Real Betis Futsal: Raúl Jiménez, Jorge Bellvert, Rubén Cornejo, Raúl Gómez, Chano, cinco inicial; tamén xogaron Migo, Bermusell, Aarón, Eric Pérez, Ivi, Miguel

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Hélder, Chus, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Héctor, Matamoros, Colacha

Goles: 1-0, minuto 8, Eric Pérez; 1-1, minuto 22, Pope; 2-1, minuto 34, Rubén Cornejo

Árbitros: Botella López // Castillo López (Murcia). Por Betis amarela para Chano (minuto 19), Aarón (minuto 29). Por Burela amarela para Matamoros, Álex, Víctor (minuto 38)

Incidencias: Partido correspondente ao partido inaugural da primeira eliminatoria de play off disputado en Amate.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores