Noticias
15 de maio de 2018
Recepción municipal á base laranxa como antesala de novos retos
Os cadetes e xuvenís do Pescados Rubén Burela FS, nunha semana de plena preparación para novos retos, foron recibidos onte no consistorio burelao polo alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, en recoñecemento aos recentes títulos de Liga Cadete Grupo Norte e Liga de División de Honra Xuvenil. As Xoias Laranxas estiveron acompañadas polos técnicos Christian Fustes, Mario Pillado e Simón Martínez, xunto ao presidente, Manuel Blanco; a vicepresidenta, Cesarina Fanego; o secretario, José Dovale, e o directivo Rubén Blanco, así como outros membros da corporación municipal.


O conxunto cadete pelexará polo título galego na fase final que se disputará este xoves, Día das Letras Galegas, en Mondariz. Os burelistas enfrontaranse á EDC Celanova (10.30 horas) e despois tocaralles a quenda a Club Cios Vigo A e EDM Concello de Guitiriz (12.45 horas). Antes da final, prevista para as 19.00 horas, decidiranse o 3º e 4º posto (17.00 horas).


O equipo xuvenil estrearase en cuartos da Copa de España, cunha longa viaxe para medirse o domingo (12.00 horas) ao Aljucer-El Pozo FS; os levantinos impuxéronse na eliminatoria anterior ao Castrourdiales (2-11).
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores