Noticias
18 de maio de 2018
Último derbi galego en Vista Alegre
Vista Alegre acollerá mañá o último derbi galego da tempada de Primeira RFEF, na antepenúltima xornada ligueira, coa visita do Ourense Envialia; será ás 18.30 horas. A emoción e espectáculo están asegurados nun duelo ao que as burelistas chegan na cuarta praza (63 puntos), co ronsel da contundente vitoria con Leganés (8-3), e as ourensás, na sexta (50 puntos), con ganas de retomar a excelente traxectoria que se truncou con Esplugues (2-3) a semana pasada.

“Cada partido é diferente, pero en Vista Alegre respondemos ben e con derbi aínda mellor, así que con Ourense volverá ser un encontro bonito” aseguraba Taiane Menezes, Tai.

A brasileira lembraba a dureza dos últimos envites, en liga (4-5) e semifinais de Copa Galicia (2-3), con triunfo mariñán: “Os dous partidos foron moi apertados; será un enfrontamento que gañará quen cometa menos erros. Ata agora nós gañamos os dous últimos duelos, pero hai que construír una nova historia na que non hai nada escrito de momento” advertía con cautela a 16 laranxa, facendo referencia á boa liña do Ourense de 5 xornadas sen perder antes do tropezo fronte con Esplugues, destacando a vitoria fronte ao Roldán e empate con Navalcarnero.

Tres citas quedan por diante para o desenlace ligueiro nas que o Pescados Rubén Burela FS debe facer os deberes: “Nós temos que seguir facendo o noso traballo en liga, esperando a ver qué pasa, e pelexar por unha boa posición para a Copa. Tan só debemos pensar niso, non importa o rival; temos que estar preparadas”, puntualizaba Tai, convidando a afección a gozar da úlitma festa do futsal galego de elite ata a vindeira tempada: “Vista Alegre volverá a estar con nós; sempre nos apoia; é un punto ao noso favor, por iso xogamos ben na casa”.



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk


Citas do podio

Jimbee Roldán (3º, 64 puntos)-Alcorcón (5º, 55 puntos)

Soto del Real (14º, 17 puntos)-UA Alicante (2º, 66 puntos)

Cádiz (pechacanchelas, 2 puntos)-Atlético Navalcarnero (1º, 66 puntos)
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores