Noticias
25 de maio de 2018
Último compromiso a domicilio, Guadalcacín

O Pescados Rubén Burela FS xa está en terras gaditanas para disputar o último compromiso a domicilio de liga, na penúltima xornada de Primeira RFEF. Será mañá na pista do Guadalcacín FSF (18.00 -horario unificado-), que selou a semana pasada a permanencia na súa primeira tempada na elite.


A falta de dúas xornadas, o cadro mariñán ocupa a cuarta praza (66 puntos) sen perder de vista o podio e pensando no seu regreso Cádiz para a Copa de España (8-10 de xuño): “É unha viaxe longa, a última da liga, pero chegamos con moitas ganas para volver con algo positivo, para prepararnos tamén para a Copa de España. Sabemos que ao perder en Murcia as posibilidades de optar á liga son poucas, pero seguimos traballando” aseguraba a meta Ana Romero.


As laranxas impuxéronse 7-1 en Vista Alegre, pero Guadalcacín é unha pista complicada. “Os partidos cambian moito e máis na súa casa; é unha pista difícil. conseguiron a permanencia, sairán sen presión e con ganas de deleitarse e de despedir a liga ante a súa xente cunha vitoria”, advertía a 12 burelista, apostando, con todo, polo bo momento que vive o equipo burelista: “Creo que nós estamos máis fortes neste úlitmo sprint de liga e sobre todo somos un equipo que confía no seu traballo e as súas posibilidades”.


O equipo, que viaxou sen Dany, con molestias nun nocello, adestrará xa no seu destino esta mañá, ás 12.30 horas.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk


Citas do podio


Atlético Navalcarnero (1º, 69 puntos)-Móstoles (9º)


Universidad de Alicante (2º, 69 puntos)-Poio Pescamar (7º, en busca da clasificación para Copa de España)


Majadahonda (12º)-Jimbee Roldán FSF (3º, 67 puntos)


Boas vibracións para Copa


“Tivemos moitos altibaixos, con partidos que sacamos no último minuto, cunha sensación de poder dar un pouco máis, pero agora o equipo está demostrando que está máis forte e somos capaces de traer a Copa de España” adiantaba a gardameta do Pescados Rubén Burela FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores