Noticias
30 de maio de 2018
Héctor non continuará en Burela
O pivote Héctor Albadalejo Blázquez non continuará nas filas do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada.

O barcelonés, de 35 anos e que finalizará contrato en xuño, incorporouse ao equipo laranxa a comezos de 2018, como reforzo no mercado de inverno, procedente do Real Rieti da Seria A italiana.

O club agradece a profesionalidade de Héctor e a súa boa adaptación ao equipo durante estes meses, ao que lle axudou con experiencia e veteranía, e deséxalle o mellor na súa nova etapa lonxe da Mariña.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores