Noticias
31 de maio de 2018
Álex non continuará na portería laranxa
Álex Pérez finaliza contrato e non continuará defendendo a portería laranxa en 2018-19. O gardameta madrileño, que recalou en 2015 en Burela procedente do Marfil Santa Coloma, custodiou o Pescados Rubén dúas tempadas en Primeira División; na última campaña, en Segunda, e compartindo responsabilidades con Edu, a rede mariñá foi a menos batida.

“Agradecemos o compromiso e dedicación de Álex durante estes tres anos e esperamos que siga medrando, como demostrou aquí, nos seus novos retos” explicaba o presidente, Manuel Blanco.


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores