Noticias
8 de xuño de 2018
Mércores 27 de xuño, Asemblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o mércores 27 de xuño de 2018. A reunión terá lugar na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, local 10, Burela); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.


 


ORDE DO DÍA



1. Lectura e aprobación da acta anterior


2. Orzamento Tempada 2018-19


3. Filialidade do Comarcal A Fervenza FSF


4. Informe sobre instalacións deportivas


5. Rogos e preguntas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores