Noticias
8 de xuño de 2018
O Pescados Rubén avanza a semifinais tras apear o Ourense con dous zarpazos, de Cilene e Sara
O Pescados Rubén conseguiu esta tarde o billete para semifinais de Copa de España Cádiz 2018 tras impoñerse 2-0 ao actual campión da cita, o Ourense Envialia en cuartos; Cilene e Sara Correia anotaron os dous zarpazos nos últimos sete minutos. As pupilas de Julio Delgado e Lucas disputarán a segunda cita mañá, ás 12.00 fronte ao gañador entre Jimbee Roldán, campión de liga, e o anfitrión, Cádiz FSF, con emisión en directo de Onda Cádiz Televisión. Antes, ás 10.00 horas, Atlético Navalcarnero e UA Alicante veranse as caras, tras vencer hoxe a Poio Pescamar e AD Alcorcón, 5-1 e 5-3 respectivamente.

Ofreceu o conxunto mariñán unha boa formulación nunha cita que xa presupoñía moi igualada, fronte a un rival centrado na defensa en media pista, á espera dun erro laranxa na elaboración. Souberon facer os deberes as ourensás, que frearon as tentativas do Pescados Rubén no primeiro acto e boa parte do segundo, aínda que tampouco foron capaces de xerar perigo sobre a rede de Ana Romero, primeiro, e Jozi, despois. As pupilas de Julio Delgado e Lucas eran moi concientes de que quen abrise a lata tería moito ganado e aí chegou a pichichi burelista, Cilene, co 1-0 no minuto 33, de falta directa. As de Chipi optaron polo xogo de cinco con máis de catro minutos por diante batendo unha e outra vez contra o parapeto defensivo das da Mariña. A dous da conclusión, nunha rápida transición ofensiva das burelás, Sara Correia finalizaba ao segundo pau a pase de Dany para establecer o 2 a 0. Ourense seguiuno intentando con xogo de cinco, sen marxe de manobra.

Ficha técnica

Pescados Ruben Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Cami, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Sara Correia, Jenny, Tai, Julia Forsiuk, Jozi,

Ourense Envialia FSF: Vane, Chiky, Sara Moreno, Andrea Carid, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Bea Seijas, Antía, Marta, Bea Martín, Candela

Goles: 1-0, minuto 33, Cilene; 2-0, minuto 38, Sara Correia

Árbitros: Moreno Reina e Ramos Martín, do colexio andaluz. Recibiron cartolina amarela Antía e Bea Seijas no Ourense Envialia.

Incidencias: Partido correspondente cuartos de final de Copa de España Cádiz 2018 disputado en Complexo Deportivo Cidade de Cádiz.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores