Noticias
9 de xuño de 2018
As Guerreiras Laranxas remontan ante Roldán (2-3) e plántanse na final
As Guerreiras Laranxas demostraron nunha semifinal de película que son capaces de todo. As pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron remontar un 2-0 en contra fronte ao campión de liga, Jimbee Roldán, igualar a contenda e forzar a prórroga para acabar con 2-3 e gañar o billete para a gran final da Copa de España en Cádiz. Mañá,ás 11.00 horas, o Pescados Rubén Burela FS pelexará polo título fronte a Atlético de Navalcarnero, tras impoñerse a UA Alicante (6-1) na primeira semifinal. A cita poderá seguirse a través de Onda Cádiz Televisión e Televisión de Galicia.

As laranxas tiveron que remar contra o tanto de Consu, xa no minuto 4, en contragolpe. Con máis de once minutos para o ecuador da cita o Roldán cargouse coas cinco faltas e o Burela foi medrando en perigo aínda que sen éxito. Tras o descanso, o Jimbee conseguiu ampliar a fenda de novo con Consu, á contra, nun disparo cruzado. Reaccionaron as galegas con xogo de cinco abandeirado por Bea Mateos. Case sorprendeu Lara, pero a capitá e Dany foron as encargadas da remontada, en tan só 1 minuto (33 e 34). Tai tivo o terceiro das burelistas no 36 co pau como obstáculo e Bea Mateos forzou a prórroga no 39, sacando baixo paus. Dany, no minuto 44, outorgoulle a praza de finalista ao Pescados Rubén.

Sara Correia, lesionada

A nota negativa da semifinal para as laranxas foi a retirada da pista de Sara Correia (minuto 30), que tivo ser trasladada ao hospital por molestias nun nocello. Antes a xogadora do Roldán Mariángeles tamén se viu obrigada a saír do terreo de xogo, por lesión.

Ficha técnica

Jimbee Roldán FSF: Etayo, Vanessa, Mayte Mateo, Consu, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Miriam, Clara, Alba, Mariángeles, Inma Sojo

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Cami, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Sara Correia, Tai, Julia Forsiuk, Jozi, Lara

Goles: 1-0, minuto 4, Consu; 2-0, minuto 31; 2-1, minuto 33, Bea Mateos; 2-2, minuto 34, Dany; 2-3, minuto 44, Dany

Árbitros: Costa Sánchez // Pena Gómez (Colexio Andaluz) Por Roldán amarela para Vanessa e Mayte Mateo. Por Burela amarela para Dany

Incidencias: Partido correspondente semifinais de final de Copa de España Cádiz 2018 disputado en Complexo Deportivo Cidade de Cádiz.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores