Noticias
14 de xuño de 2018
Judith non continuará no Pescados Rubén
A ala-peche Judith Pedreira Arias non continuará defendendo as cores do Pescados Rubén Burela FS. Os camiños da novísima xogadora, de tan só 19 anos, e do club laranxa sepáranse despois de tres excelentes tempadas nas que Judith experimentou unha grande evolución na súa formación da man do equipo mariñán en Primeira RFEF.

A Familia Laranxa deséxalle sorte na súa nova andaina deportiva para seguir pelexando polo máis alto.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores