Noticias
18 de xuño de 2018
A dupla de Jozi e Ana Romero, aposta segura para a rede mariñá
A rede mariñá non experimentará cambios na nova tempada. O Pescados Rubén Burela FS volverá apostar pola dupla de Joziane de Oliveira e Ana Romero.

A brasileira cumprirá así dez exercicios defendendo a portería laranxa; desde 2016 comparte responsabilidades coa murciana. Jozi e Ana súmanse á renovación da pichichi, Cilene. ”Traballamos nun proxecto de continuidade, mantendo gran parte do bloque e coa chegada de incorporacións de referencia contrastada”, explicaba o presidente burelista, Manuel Blanco, nos primeiros pasos do que será o Pescados Rubén de Primeira RFEF en 2018-19.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores