Noticias
25 de xuño de 2018
Julia Forsiuk non seguirá en Burela
Julia Forsiuk non seguirá en Burela tras rematar o seu ano de contrato co Pescados Rubén. A internacional ucraína, de 33 anos, recalou na bisbarra en 2017-18, na súa segunda experiencia no fútbol sala español, despois de realizar a pretempada de 2016-17 co conxunto mariñán e de defender na segunda volta desa mesma tempada o Leganés Masdeporte.

A Familia Laranxa agradece o seu traballo na entidade e deséxalle o mellor na súa nova etapa lonxe de Vista Alegre.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores