Noticias
25 de xuño de 2018
Lara, sexta renovación
A ala viveirense Lara Balseiro Candia volve apostar polo proxecto do Pescados Rubén Burela FS dando continuidade ao bloque do último exercicio; convértese na sexta renovación do conxunto, con Cilene, Jozi, Ana Romero, Dany e Bea Mateos

A 10 laranxa, de 25 anos, cumprirá a oitava tempada na súa casa, a sexta nesta segunda etapa, despois dunha liga que clausurou como unha das máximas goleadoras do equipo, con 21 dianas, tras a pichichi, Cilene (29).

“Lara é a nosa máxima referencia de xogadora da terra e da casa. Posúe xuventude, cunha ampla experiencia no equipo e na categoría” explicaba Manuel Blanco, loando a presenza da mariñá na estrutura burelista para 2018-19.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores