Noticias
5 de xullo de 2018
Regresa a simbiose Peque-Pescados Rubén
Xa é oficial; regresa outro dos ídolos da Bomboneira. A internacional Patricia González Mota (Madrid, 1987), Peque, vestirá outra vez de laranxa. Vista Alegre poderá volver gozar en 2018-19 da perfecta simbiose entre a ala-pivote e o Pescados Rubén Burela FS tras a súa experiencia no futsal italiano. Desde o club, o presidente, Manuel Blanco, amosou a súa satisfacción pola nova etapa da xogadora na Mariña, con contrato de 3 tempadas, “logo de compartir, gozar e contribuír aos mellores momentos da historia do equipo nos seus cinco exercicios anteriores, sendo protagonista dos títulos de liga, Copa de España e Supercopa”.

Tras dúas tempadas fóra de España, defendendo o Ichnusa Sinnai e Cagliari, a calidade e o afán de superación de Peque reencontraranse coa Familia Laranxa e con antigas compañeiras, como Jozi, Dany, Bea Mateos ou Lara, para pelexar por novos éxitos e seguir escribindo con letras de ouro a historia do Pescados Rubén Burela FS.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores