Noticias
20 de xullo de 2018
Matrícula aberta para Cadetes e Xuvenís ata o 10 de agosto
Ata o venres 10 de agosto o Pescados Rubén Burela FS terá aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-19 nas categorías de Cadete e Xuvenil, con prazas limitadas.

A inscrición debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo:

Opción 1 (150 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila, roupa de adestramento (dúas camisetas, dous pantalóns curtos e un longo) e zapatilleiro.
Opción 2 (130 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila e roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos).

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.

Horario de atención ao público: De luns a venres, 9.00-14.00 horas
Documentos relacionados:
603 KB
Inscrición Cadete-Xuvenil 2018-19
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores