Noticias
27 de xullo de 2018
Sergio Cora e o Pescados Rubén rescinden contrato
O viveirense Sergio Cora Piñón non continuará no Pescados Rubén Burela FS. O ala, de 20 anos, e o club laranxa chegaron a un acordo para rescindir o contrato que unía o mariñán coa entidade ata finais de 2018-19. Logo da súa etapa como xuvenil burelista, Cora compatibilizou compromisos entre o daquela filial laranxa, Onde Sempre Xove FS, e o equipo de Primeira División, ata que na tempada pasada asumiu responsabilidades plenas no conxunto dirixido por Juanma Marrube. A Familia Laranxa deséxalle o mellor ao xogador na súa nova etapa de formación e crecemento deportivo.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores