Noticias
30 de xullo de 2018
Queres pertencer ás promesas femininas do Pescados Rubén Burela FS?
Se tes entre 13 e 27 anos e che gusta o fútbol sala podes pertencer ás promesas femininas do Pescados Rubén Burela FS. Tan só tes que poñerte en contacto con nós a través de burelafs@burelafs.org ou 982581815 e poderás participar nas xornadas de portas abertas do equipo de Primeira Galicia Feminina.

O conxunto de Míchel Couceiro, que volverá competir a nivel provincial en 2018-19, comezará os adestramentos o mércores 8 de agosto. Todas as rapazas que estean interesadas poderán gozar das sesións desa semana sobre a pista, previa solicitude.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores