Noticias
8 de agosto de 2018
Comezo de pretempada para o Xuvenil
O Pescados Rubén Burela FS Xuvenil volveu onte ao traballo. O conxunto de Christian Fustes e Mario Pillado arrincou a pretempada con 19 xogadores: Luismi Nieto, Adilson Varela, Domingos Pinto, Bruno García, Jairo Ares, Aarón Artime, Heurickson Gomes, Renato Rodrigues, José Luis Vázquez, Álvaro Dorado, José Luis Villar, Hugo Manín, Xesús Fernández, Gustavo Henrique, David Méndez, Diego Eijo, Antonio Baltar, Jorge Quelle e Néstor Valle.

Antes do comezo de competición regular, previsto para o 15 de setembro, o conxunto laranxa, campión de Liga de División de Honra nas dúas últimas tempadas, terá como test de pretempada o Torneo de Valladolid Ciudad del Deporte (25 e 26 de agosto) e o III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro), este último xunto a Palma Futsal, Santiago Futsal e EDM Guitiriz.

Cadete e Primeira Galicia Feminina

A base laranxa tamén ten previsto o inicio de pretempada a vindeira semana para a categoría cadete e o equipo de Primeira Galicia Feminina.
Documentos relacionados:
302 KB
Calendario PROVISIONAL División de Honra Xuvenil 2018-19
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores