Noticias
16 de agosto de 2018
Posta a punto das Guerreiras Laranxas
As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS xa están inmersas na posta a punto para comezar en perfecto estado os adestramentos de pretempada, que arrincarán o vindeiro luns, 20 de agosto, ás 19.30 horas.

O primeiro destino foi esta mañá o Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila. Entre hoxe e mañá, as Guerreiras Laranxas tamén terán toma de contacto co preparador físico, Pablo Díaz, e o fisioterapeuta, Christian Moreno, ademais dos recoñecementos médicos.

Para comezar con forza a pretempada, este sábado o equipo gozará dunha xornada de convivencia no Monte Castelo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores