Noticias
21 de agosto de 2018
Inicio de pretempada para as burelistas
O cadro de Julio Delgado e Lucas comezou os adestramentos de pretempada onte pola tarde en Vista Alegre. Xunto ás 11 integrantes do vestiario do Pescados Rubén Burela FS, tamén compartirán as sesións de comezo as xogadoras do Comarcal A Fervenza FSF Cris, Lucía, Claudia e María.

Jozi, Dany, Cilene, Cami, Jenny -concentrada con Portugal ata o 15 de setembro-, Lara, Ana Romero e Bea Mateos, coas novidades de Cris, Peque e Luci, estrearán a axenda de pretempada con Copa Galicia, antes de clausurar o mes de agosto. O encontro, de fase de grupos, para o mércores 29, fronte ao Fisober FSF, de Autonómica (Dumbría, 20.30 horas).
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores