Noticias
27 de agosto de 2018
Un curso prometedor
Os xuvenís e cadetes do Pescados Rubén Burela FS teñen un curso prometedor por diante. Ambos os equipos xa o demostraron na súa primeira cita de pretempada, no Torneo de Valladolid ‘Cidade do Deporte’ esta fin de semana, coa prata para os xuvenís e a cuarta praza para os cadetes.
Os subcampións de Valladolid viviron unha final de vertixe ante Las Rozas Boadilla (3-2). Os madrileños tamén foron os verdugos dos cadetes laranxas en semifinais (6-1), rematando coa segunda praza tras sucumbir ante Rivas Futsal (1-3).

Últimas prazas para a Escola Laranxa

Se che gusta o fútbol sala aínda estás a tempo de matricularte na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2018-19, nas categorías de Biberón (2013-14), Prebenxamín (2011-12), Benxamín (2009-10), Alevín (2007-08) e Infantil (2005-06).
Podes consultar a dispoñibilidade de prazas nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). O formulario de matrícula pode descargarse dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147. Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula.

Horario de atención ao público
De luns a venres: 9.00-14.00 horas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores