Noticias
31 de agosto de 2018
Pescados Rubén e Palma loitarán polo título xuvenil no Burela Bonita
A terceira edición do Torneo Burela Bonita xa ten os primeiros finalistas, no debut da competición xuvenil; serán Pescados Rubén Burela FS e Palma Futsal, coa gran cita prevista para mañá, ás 17.30 horas, en Vista Alegre.

O conxunto laranxa impúxose por 6-1 á EDM Concello de Guitiriz. Na segunda semifinal, os insulares fixeron o propio con Santiago Futsal (1-3).

A segunda e última xornada do Burela Bonita arrincará mañá, ás 16.00 horas, coa pugna polo terceiro e cuarto posto, entre Guitiriz e Santiago, e unha zona infantil de hinchables nas inmediacións da Bomboneira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores