Noticias
31 de agosto de 2018
O Pescados Rubén, na final do Burela Bonita tras o 2-1 ante Santiago
Os laranxas conseguiron o primeiro billete para a final do Torneo Burela Bonita esta tarde, cun 2-1 sobre Santiago Futsal, actual campión da cita. O título decidirase mañá ás 19.30 horas ante o gañador da semifinal entre Palma e Noia Portus Apostoli.

Hélder, unha das Xoias Laranxas, adiantou os de Juanma Marrube no minuto 11, aproveitando ao segundo pau unha diagonal de Lucho. Antes Edu salvara con determinación dúas dos composteláns, ante Santi (minuto 6) e Zequi (minuto 10). Pitero puido ampliar a vantaxe, por partida dobre; chegando ao minuto 15 co esférico estrelándose contra o pau nunha fulgurante galopada e no 17 ante unha man do ex-burelista Álex Pérez.

Foi Luisma o encargado de rubricar o 2-0, de rexeite dentro da área. Imanol tamén se mantivo impasible na súa estrea na Bomboneira, coas primeiras chegadas do Santiago; o meta canario freou as embestidas celestes ata en tres ocasións roldando o minuto 30 de xogo. E outra vez, máis protagonismo dos da casa, cunha brillante ocasión do xuvenil Nito, acabado de chegar da súa concentración coa Selección Española Sub-18, cun disparo cruzado que se foi por pouco (minuto 35).


Foi cobrando intensidade o derbi na recta final. A dous minutos para a bucina, Imanol sacou cos pés . Pitero intentou sorprender segundos despois en contragolpe, batendo co corpo de Álex ao bordo da área. Os de Juanma Marrube quixeron poñer en práctica entón o xogo de cinco, con Matamoros, faltando minuto e medio. No entanto, aprazárono tras o gol de Isma, con 1’05” por diante aínda, que tocou en Luisma. Os ex-porteiros laranxas mantiveron o 2-1 nos últimos compases, con Álex ante Lucho a falta de 48 segundos, e Iago Barro fronte ao dobre penalti de Mata.


Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; también jugaron Matamoros, Juanfran, Pope, Pitero, Porto, Imanol, Nito

Santiago Futsal: Álex, Dani Zurdo, Isma, Santi, Dani Blanco, cinco inicial; también jugaron Everton, Zequi, Alberto, Adrián Rodríguez, Iago Barro

Goles: 1-0, minuto 11, Hélder; 2-0, minuto 23, Luisma; 2-1, minuto 39, Luisma (p.p.)

Árbitros: Cid Bragado // Vilas López. Por Burela amarela a Pope (minuto 6). Por Santiago, Everton (minuto 25), Santi (minuto 39)

Incidencias: Partido correspondente á primeira semifinal do III Torneo Burela Bonita, disputado en Vista Alegre ante arredor de 850 afeccionados/as.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores