Noticias
20 de setembro de 2018
Luns 24, inicio do curso para a Escola Laranxa
O vindeiro luns, 24 de setembro, botará a andar un novo curso para a Escola do Pescados Rubén Burela FS, nas categorías Biberón (2013-14), Prebenxamín (2011-12), Benxamín (2009-10), Alevín (2007-08) e Infantil (2005-06).

Os máis pequenos competirán na Liga A Mariña Fundación Imdecum, da Real Federación Galega de Fútbol; Benxamíns en Deporte Escolar e, por último, Alevíns e Infantís compatibilizarán Deporte Escola con Ligas Autonómicas (Grupo Norte).

Cada categoría gozará de dous adestramentos semanais, cunha sesión engadida de coordinación entre prebenxamín e infantil, ademais de adestramento específico de porteiros/as.
Documentos relacionados:
55 KB
Horarios Adestramentos Escola Laranxa 2018-19
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores