Noticias
22 de setembro de 2018
Mengíbar 1-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS regresa do seu primeiro desprazamento da tempada cun paso adiante, moi fortalecido nunha pista complicada, tras un axustado empate (1-1), dende a defensa e con sacrificio. Os mariñáns, que conservaron o 0-1 ata o minuto 35, mereceron máis na primeira parte e nos compases iniciais da segunda.


Zardoya evitou que o Pescados Rubén Burela FS inaugurara o marcador xa no minuto 2. As mellores dos locais seláronas primeiro, Colacha, e máis tarde Emilio Buendía, pero os laranxas conseguiron poñer o 0-1, no minuto 14, nuns bos minutos en ataque; en situación dun contra un, Juanfran desbordou ao centro e disparou por abaixo. Antes do descanso, os de Juanma Marrube dispuxeron ata de tres ocasións perigosas para ampliar a fenda, con Ureña e Zardoya como obstáculo.

Os da Mariña gozaron das súas ocasións máis incisivas en contraataque con Pitero, Juanfran e Lucho e máis tarde, nas zapatillas de R. Vargas, de estratexia. Con todo, foron os andaluces os que conseguiron igualar a contenda a través de Ureña, aproveitando un mal saque dos laranxas. A rede custodiada por Edu mantivo a renda ata o minuto 35; antes Javier Lizana e Fran Peña, por partida dobre, Tortu e Dani Aranda intentárono sen éxito. No 38, o Pescados Rubén cometeu a sexta falta, pero o meta naronés estivo moi atento ante o dobre penalti do fulminante Emilio Buendía para manter o 1-1.


Ficha técnica

Software DELSOL Mengíbar: Zardoya, Javi Lizana, Ureña, Dani Aranda, José López, cinco inicial; tamén xogaron Fran Peña, Manu Orellana, Colacha, Tortu, Emilio Buendía,

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Juanfran, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 14, Juanfran, 1-1, minuto 35, Ureña

Árbitros: Carrión Álvarez // Romero Candela (Castela-A Mancha). Por Mengíbar amarela para José López (minuto 12), Ureña (minuto 22), Por Burela amarela para Matamoros (minuto 26), Hélder (minuto 32), Pope (minuto 34)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Segunda LNFS disputado no pavillón Sebastián Moya Lorca de Mengíbar.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores