Noticias
8 de outubro de 2018
Volve o derbi lugués, coa Copa do Rei (martes 9, 22.00 h)
O Pescados Rubén Burela FS desprazarase esta tarde, en plenas festas do San Froilán, á cidade amurallada para disputar a primeira eliminatoria da Copa do Rei, fronte ao Prone Lugo. Tras o descenso do anfitrión a Segunda B, volve o derbi lugués con esta competición, a partido único (municipal de Lugo, 22.00 horas).

‘É un encontro, que polos criteiros de proximidade, nos vén moitísimo mellor ca o ano pasado, que fomos ao País Vasco. Pode ser un bo test para nós, para probar cousas e poñer en práctica aspectos nos que estamos buscando mellorar” explicaba o técnico Juanma Marrube, sen case descanso, tras a vitoria do sábado en Castellón (0-1) que catapultou aos laranxas á terceira praza clasificatoria.

“Esperamos un rival moi remodelado, con xente moi nova, que non terá nada que perder, ao contrario, estará moi motivado. Para nós esta competición tamén é un aliciente, é outra forma de seguir medrando” advertía o Mariskal antes da cita, nunha semana na que volverán a Vista Alegre para medirse ao pechacancelas da táboa, Dimurol S. Tenerife (sábado 13, 18.30 horas, xornada 5).

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 11. Juanfran, 14. Pope, 15. R. Vargas, 16. Aarón, 18. Adilson, 23. Imanol, 30 Hélder



Emparellamentos da primeira eliminatoria


Tenerife Iberia Toscal-Salesianos
Augas de Teror-Gálar Cohesan FS
Xerez DFC Toyota Nimauto-Real Betis Futsal
UD Coineña FS-Córdoba Futsal
CDE Melistar-Mengíbar
Prone Lugo AD-Pescados Rubén Burela FS
CFS Zamora-Santiago Futsal
Club Deorcyl Guardo FS-Noia Portus Apostoli
Nueva Elda-Manzanares
Leganés FS-CDBFS Talavera
Lauburu KE Ibarra-Rivas Futsal
Manresa FS- Colo Colo
Pallejá FS-Bisontes Castellón
Club Esportiu-Elche CF
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores