Noticias
3 de novembro de 2018
Os burelistas pechan a Tarde Laranxa invictos, con táboas (2-2) ante Manzanares
Os burelistas pecharon a Tarde Laranxa de Vista Alegre cun traballado empate ante o correúdo Manzanares Quesos El Hidalgo (2-2), un resultado co que os de Juanma Marrube se manteñen invictos e seguirán durmindo líderes (18 puntos) á espera do que ocorra mañá entre ElPozo Ciudad de Murcia (16 puntos) e Córdoba Futsal (8 puntos).

Os mariñáns viviron unha primeira parte practicamente sen apuros, coa grande axuda do meteórico 1-0, xa aos 23 segundos de xogo, con firma de Pope, nun saque de esquina de Renato. Tras da dobre ocasión do 14 burelista nos últimos compases antes do descanso, fronte a Dani Juárez, os laranxas saíron moi incisivos, con iniciativa. R. Vargas non puido ampliar distancias a porta baleira ndun grande entendemento entre Pitero e Hélder. Talvez o partido tomaría outros destinos; perdoaron os de Juanma Marrube e os castelano-manchegos aproveitaron para dar a volta ao marcador en dúas accións que poderían estar mellor defendidas. Cobraron fol no 28 con Hicham; o 2 do Manzanares recibiu, regateou e subiu o empate nun disparo raso; e en menos dun minuto víronse por diante, con Pablo Mel desde fóra da área.

No 35 Luisma e R. Vargas dispuxeron de dúas ocasións de ouro nas que saíu vitorioso o meta castelano-manchego. Chegou entón a oportunidade, no 36, coa segunda amarela; intentárono Mata, desviado, e Renato, con aparición de Dani Juárez. E por fin chegou o máis que merecido empate, nas zapatillas de Juanfran, a pase de R. Vargas, que superou a liña de meta tras tocala levemente Dani.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder; tamén xogaron Lucho, Pitero, Juanfran, Luisma, Matamoros, Porto

Manzanares Quesos El Hidalgo: Dani Juárez, Blecua, Nacho Gil, Kiki, Pablo Mel; tamén xogaron Hicham, Pepe, Jorge Salcedo, Chin, Otero

Goles: 1-0, minuto 1, Pope; 1-1, minuto 28, Hicham; 1-2, minuto 29, Pablo Mel; 2-2, minuto 37, Juanfran

Árbitros: Sánchez Llorente // Toca Campo (Cantabria). Por Burela amarela a Renato (minuto 9), Luisma (minuto 20), Lucho (minuto 30). Por Manzanares amarela a Pepe (minutos 17 e 36), Otero (minuto 24), Dani Juárez (minuto 40), Kiki (minuto 40), Nacho Gil (minuto 40)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 1000 persoas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores