Noticias
7 de novembro de 2018
L2 Fisioterapia, garantía no coidado dos xogadores laranxas
A clínica burelense L2 Fisioterapia continuará unha tempada máis como garantía do coidado da saúde dos xogadores laranxas de Segunda LNFS. Ata as súas modernas instalacións da rúa Castelao, número 10, inauguradas no mes de xaneiro, acudiu o presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Branco, para selar a continuidade dunha estreita colaboración que naceu en 2010.

A clínica dirixida por Juan Eiroa Bermúdez e Matilde González García traballa de xeito conxunto coa atención diaria do fisioterapeuta Arturo Martín no equipo de Juanma Marrube e pon a disposición dos seus pacientes unha ampla oferta de servizos desde fisioterapia xeral e pediátrica, acupuntura, drenaxe linfática, readaptación deportiva, ecografía musculoesquelética, electrólise percutánea, mobilización neuromenínxea e punción seca, ata técnicas craneosacras, cabaleiro conxénito e tratamento de cólico de lactantes.

Unha das terapias máis novidosas de L2 Fisioterapia é a enerxía eletro-rexenerativa de INDIBA, que acelera o proceso natural de curación do corpo non só en deportistas de elite senón tamén en doenzas comúns como lumbalxias, cervicalxias, tendinite ou artrose. Xunto a este tratamento, a clínica mariñá incorporou hai uns meses o innovador e revolucionario adestramento deseñado por iAltitude, un adestramento en altura baseado na hipoxia intermitente; esta máquina de hipoxia, que simula o aire que se atopa na montaña reducindo a proporción de osíxeno no mesmo, conseguindo reproducir altitudes ata máis aló dos 6.000 m, é unha excelente forma de mellorar o rendemento deportivo. Desde maio, tamén figuran entre os seus servizos pilates e solo pélvico.

O equipo de traballo de L2, formado 6 fisioterapeutas e 1 auxiliar de fisioterapia, ofrece tratamento a domicilio e conta con outra clínica na comarca da Mariña, en San Cibrao (avenida da Veiga, nº 5 1ºB).

Podes coñecer máis en l2fisioterapia.com
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores