Noticias
19 de novembro de 2018
Visita do presidente da LNFS, Javier Lozano, a Vista Alegre
O presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, desprazouse este sábado a Burela para manter unha reunión coa directiva da entidade lucense e as institucións, co fin de coñecer de primeira man a actualidade do club burelao. Ademais, o máximo mandatario da LNFS acudiu posteriormente ao encontro correspondente á Xornada 10ª entre o Pescados Rubén Burela e o Colo Colo Zaragoza.
Javier Lozano trasladouse á localidade galega onde comezou a xornada cunha reunión de traballo coa directiva do Pescados Rubén Burela, encabezada pola alma mater da entidade lucense, Rubén Blanco, o presidente mariñán, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, para coñecer a actualidade deportiva e social que atravesa o conxunto laranxa.

Posteriormente, Javier Lozano, xunto aos directivos do club, reuníronse co Alcalde de Burela, Alfredo Llano, quen informou ao presidente da LNFS da aprobación do pleno do proxecto para a construción dun novo pavillón e o seu progreso, para que Burela poida contar cunha instalación de garantías e adaptada á normativa da LNFS, que lle permita disputar os partidos en Primeira División se o conxunto burelao consegue regresar á máxima categoría do Futsal español. Pola súa banda, Javier Lozano comentou ao rexedor burelao os prazos marcados pola normativa aprobaba pola Asemblea da Asociación, e brindou a total axuda e apoio da LNFS para avanzar no proxecto.

Como colofón á xornada, Javier Lozano desprazouse ao pavillón de Vista Alegre para presenciar o encontro entre o Pescados Rubén Burela e o Colo Colo Zaragoza, no que o conxunto de Juanma Marrube se impuxo por 8-3 e continúa líder da Segunda División.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores