Noticias
21 de novembro de 2018
O banco do líder de Segunda
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, reuniuse co corpo técnico-médico do conxunto laranxa masculino o sábado pasado, antes da contundente vitoria fronte ao Colo Colo Zaragoza (8-3) para repasar algúns detalles e actualidade do equipo.

Xunto ao adestrador, Juanma Marrube, tamén compartiu a reunión co dirixente burelista o resto do banco do líder de Segunda LNFS, un grupo de profesionais que forman parte da estrutura mariñá dende hai tempadas. Cóbado con cóbado co Mariskal traballan o preparador físico Alfonso Mera e o fisioterapeuta Arturo Martín, co apoio da clínica L2 Fisioterapia, dirixida por Juan Eiroa e Matilde González. Completan o corpo médico, o doutor Francisco Javier Fernández Couce, o podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina Pérez Rodil, dende a súa clínica Come&Sana. Os directivos Antonio Ródenas e Luis A. Guillén cumpren coas tarefas de delegado e auxiliar. Por último, o técnico de base Míchel Couceiro encárgase da preparación específica de portería.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores