Noticias
23 de novembro de 2018
A proba ante unha das revelacións
O Pescados Rubén Burela FS poñerá a proba mañá o seu liderado (24 puntos) e imbatilidae na pista dunha das revelacións, o novel Soliss FS Talavera, sexto na táboa, con tan só 6 puntos de desventaja sobre os mariñanos. O encontro da xornada 11 de Segunda LNFS, que arrincará ás 18.00 horas, poderá seguirse en directo por www.lnfsdirecto.es e Castilla La Mancha TV.

Os pupilos de Juanma Marrube mediranse a un rival que computa 6 vitorias en 10 xornadas, repartidas a partes iguais como local e visitante. A derrota da semana pasada fronte a un dos grandes candidatos, Real Betis Futsal (2-0), fíxolle baixar algún chanzo nunha clasificación moi apertada: “Sabemos que vai ser complicado e máis na súa cancha, é un ascendido que está facendo as cousas moi ben”, advertía unha das caras novas do equipo, o onubense Ramón Vargas, que estreou a súa cuadrícula persoal a semana pasada abrindo o marcador na vitoria fronte a Colo Colo Zaragoza (8-3).

O 15 laranxa apela á concentración para seguir custodiando a primeira praza: “A semana pasada ante Zaragoza tivemos moi boas facetas pero tamén momentos de desconexión. Iso témolo que corrixir para esta semana porque Talavera pódenos facer moito máis dano se cometemos ese tipo de erros”, puntualizaba a ala incidindo na perigosidade de Talavera: “Temos que estar concentrados os corenta minutos, ter as ideas claras e facer o noso xogo porque é un rival a ter moi en conta”, matizaba R. Vargas.

Os pupilos de Juanma Marrube pecharon os adestramentos esta mañá en Marzán, antes de poñer rumbo ao destino da xornada 11, con chegada prevista sobre as 18.00 horas.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS:
1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol, 30. Hélder

Contra as Violencias


Do mesmo xeito que en Vista Alegre, coa xornada 9 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo entre as Guerreiras Laranxas e o Majadahonda FS, a escuadra burelista lucirá a segunda equipación negra con motivo do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Copa Galicia, na casa de Ventorrillo


O Pescados Rubén disputará oitavos de final da XXVIII Copa Galicia o vindeiro martes, ás 20.45 horas, na pista do UV Ventorrillo FS, de Segunda B. O gañador do encontro medirase en cuartos á SD Xove FS.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores